IES Lamas de Abade

IES Lamas de Abade
IES Lamas de Abade - Santiago de Compostela

"O Amor"


"Prevención da violencia de xénero dende o Amor"



Mafalda - Quino


TEORÍA TRIANGULAR DO AMOR -  STERNBERG:

Imaxe de 2º ESO B cubrindo un cuestionario para descubrir "como amas ou como desexas amar". No encerado os compoñentes do amor de Sternberg, e os tipos de amor que xurden das distintas combinacións destes compoñentes: intimidade, pasión e compromiso. Esta actividade foi desenvolta o 26 de outubro de 2015.

COIDAR A RELACIÓN É...:

0 30 de novembro de 2015 traballamos na aula "O coidado das relacións" para decatarnos da importancia desta actitude en calquera tipo de relación: familiar, amizade, compañeirismo, vecindade, parella... Primeiro, o alumnado traballou en grupos de catro membros.

Estas son as conclusións ás que chegaron na sesión os distintos grupos.

"QUEN BEN TE QUERE, FARATE CHORAR?": 

O mito do amor romántico, moi instaurado na nosa sociedade, fainos crer como verdadeiras frases como: "é a miña media laranxa", "se non sinte celos non me quere", "é meu e só meu - é miña e só miña", "non se pode ser feliz sen parella", "non hai amor verdadeiro sen sufrimento", que se sustentan nos seguintes mitos: o verdadeiro amor é predestinado, o amor é posesión e exclusividade, o amor require de entrega absoluta, o amor pode con todo. Estas crenzas tan instauradas na nosa sociedade nos levan ao sufrimento, á infelicidade e, en ocasións, a ser presa da violencia de xénero. Por iso é importante detectalas a tempo. A titora de 2º ESO B, Yolanda Mosquera, traballou na aula a actividade "quen ben te quere, farate chorar?", e na seguinte foto vemos as conclusións ás que chegaron, preguntándose sobre que queremos dunha relación de parella:
Esta actividade foi desenvolta na titoría do 29 de xaneiro de 2016




 "EU NO TEU LUGAR ...":

Actividade desenvolta por Yolanda Mosquera, titora de 2º B ESO.

Esta actividade foi desenvolta o 12 de febreiro de 2016 co obxectivo de tomar conciencia da importancia de escoitar e de que nos escoiten, especialmente nunha relación que queremos conservar. Partindo dun pequeno relato, que podería aparecer nun consultorio dunha revista xuvenil, propoñemos ao noso alumnado analizar a situación e "aconsellar" a quen escribe a carta. Ao escribir fomentamos a reflexión sobre este problema na nosa sociedade. Nembargantes, que mellor maneira de axudar a alguén que non é escoitado/a que escoitandoo nós. A escoita activa é clave nas relacións cos demáis, sexan estas de parella ou de calquera outro tipo (compañeiros/as de clase ou de traballo, veciños, amizade, familia...), xa que mediante a aceptación incondicional da outra persoa, a empatía, clarificando, parafraseando, resumindo e poñendo enfronte mensaxes ou condutas contraditorias e/ou incongruentes, podemos axudar aos demáis a atopar a súa propia solución ao problema que lles preocupa


"CONSTRUCCIÓN DO MODELO HEXEMÓNICO DE MASCULINADE E FEMINIDADE"

Obradoiro impartido por Oriana, alumna do Máster de Formación do Profesorado na especialidade de Orientación Educativa, en abril de 2016, nos dous grupos de 2º da ESO.

O obxectivo foi explorar os coñecementos que o grupo tiña sobre xénero e sobre o modelo hexemónico de masculinidade, abordar e facer accesible contidos informativos e conceptuais relacionados cos modelos hexemónicos de xénero, favorecer a toma de conciencia e sensibilización sobre os riscos e a falta de equidade entre ámbolos dous modelos de xénero, e traballar na construción dun modelo alternativo de masculinidade e feminidade baseado na igualdade dende a diferencia. Para o desenvolvemento das sesións apostouse polo emprego dunha metodoloxía mixta que combinara pequenas explicacións teóricas con dinámicas participativas que situasen ó alumnado na realidade abordada e facilitasen a súa predisposición e apertura cara o proceso de aprendizaxe.

Clicando no seguinte enlace abrirase unha aplicación en power point sobre este tema moi interesante para impulsar a reflexión e o debate sobre o mesmo:

Este obradoiro desenvolveuse en dúas sesións, e a primeira organizouse da seguinte maneira:

 Dinámica “Historia dun bebé” – 20 minutos: Tras organizar a clase en pequenos grupos de oito persoas, entregóuselles a cada un deles e delas unha pequena ficha coa imaxe dun bebé acompañada de diferentes cuestións: nalgún dos grupos o bebé chamábase María e noutros Xosé. De maneira conxunta cada grupo debía responder ás cuestións plantexadas en función do sexo atribuído a cada imaxe. Aínda sendo a mesma imaxe, as respostas dadas por cada un dos grupos poñia de manifesto o establecemento categórico de determinados roles ou comportamentos en función do xénero. Así, a forma de ser, as conductas, as aspiracións, as afeccións ou a construción familiar variaba considerablemente en función do nome atribuídolle ó bebe.

Unha vez realizada a actividade e manifesta a realidade da dinámica, realizouse un pequeno debate e reflexión sobre as diferencias establecidas, e estas tomáronse como punto de partida para realizar a exposición teórica.

 Acotando conceptos – 10 minutos: dun xeito breve e dinámico abórdanse conceptos clave como o sexo- xénero, a masculinidade-feminidade, estereotipos de xénero, nun intento de consolidar as bases sobre as que se sustentará a proposta educativa.


 Construción do home e muller ideal - 20 minutos: unha vez expostos os contidos teóricos pídeselles ás rapazas e rapaces que constrúan graficamente o home e a muller ideal, integrando no debuxo tódalas condicións físicas, psicolóxicas, actitudinais e sociais que consideran necesarias nun ser (home ou muller) ideal. Este dinámica, realizada nos derradeiros vinte minutos de clase foi o punto de partida da segunda sesión.

A finalidade desta primeira sesión foi explorar os coñecementos ou ideas previas que o alumnado xa tiña e
delimitar conceptualmente a terminoloxía clave en temas de xénero.

A segunda sesión estivo enfocada á exposición do Modelo Hexemónico de Masculinidade e a súa construción, para finalmente abordar modelos alternativos equitativos e diversos adecuados á realidade social actual. Así, as actividades desenvoltas foron as seguintes: 

 Análise do “Home e Muller Ideal” – 15 minutos: cada representante dos grupos establecidos na sesión anterior, expuxo para o resto da clase o seu debuxo explicando as razóns polas que estableceron unhas características determinadas e non outras. Despois da exposición prantexamos algunhas cuestións relativas á identificación persoal co debuxo ou desexo de parecerse a este, e sorpredentemente, ninguén se sentía identificado/a nin tampouco aspiraba a ser así. Un feito paradóxico que deixaba de manifesto de que forma repercute no noso cerebro as atribucións aprendidas para homes e mulleres.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario