IES Lamas de Abade

IES Lamas de Abade
IES Lamas de Abade - Santiago de Compostela

Titoría 15/16

Mafalda - Quino

 DINÁMICA GRUPAL - TÉCNICAS  DE ASERTIVIDADE: 

o Como xa vimos o curso pasado, o estilo asertivo é o máis axeitado, xa que para defender o que é xusto non é necesario nin aconsellable ferir ao outro (agresivo), nin a un mesmo (pasivo).  Defender o que é xusto é compatible con construir unhas saudables relacións sociais en tódolos ámbetos: familiar, amigos, escola-instituto, asociacións, lecer.... E iso nos axudará a ser máis felices e a atoparnos máis integrados nos grupos aos que pertencemos. A isto poden axudarnos as técnicas de asertividade

O 23 de novembro de 2015 traballamos en 2º da ESO dúas técnicas de asertividade, especialmente valiosas cando o outro é agresivo e invasivo no noso espazo:

 Deixámosvos un role-playing da primeira, e unha foto do traballo previo á dramatización da segunda.
 

"O DISCO RAIADO"


Se clicas no seguinte enlace atoparás un role-playing resultado da dinámica grupal:   "Pareces un disco raiado, ti!   

As dúas alumnas actuaron de xeito voluntario. Estos son os roles que interpretan:

-Sofía no rol de avoa "invasiva" e ata insultona, que quere decidir sobre o futuro da súa neta.
-Marta no rol de "sufrida" neta, que aplica de xeito excepcional a técnica do disco raiado, para que se respecten as súas decisións sobre o seu futuro académico e profesional, e non responder de xeito agresivo.

Os diálogos e a temática fóron inventados polas dúas alumnas.
Parabéns ás dúas!!!!


"O BANCO DE NÉBOA"

Mentres traballaban en parellas e ideaban a dramatización... Despois expuxérona á clase.

DINÁMICA GRUPAL - HABILIDADES SOCIAIS: "ESTILOS DE CONDUTA"


 

7 de decembro, fixemos a dinámica grupal que ten por nome "estilos de conduta" en 2º B. Aplicámola a unha situación:

        "Estás nunha cafetería. Pides un café e a camareira traecho nunha taza sucia, con marcas de pintura dos beizos doutra persoa". Así reaccionou o alumnado de 2º B (clica enriba das palabras en cor e poderás ver os vídeos):

-Cun estilo pasivo (rol interpretado por Nicolás): Estilo pasivo
-Cun estilo agresivo (rol interpretado por Amelia): Estilo agresivo
-Cun estilo asertivo (rol interpretado por Manuel): Estilo asertivo

A persoa que interpreta á camareira é Sofía.
Coma sempre, o alumnado participou de xeito voluntario, e tirou de creatividade para a produción dos diálogos.

Moitas grazas e felicitacións a todos e a todas!!!! 

Nas titorías de 3º ESO utilizando a presentación en impress, e en concreto coas diapositivas sobre habilidades sociais e asertividade, tras comentar as características dos tipos de expresión: pasivo, agresivo e asertivo, o alumnado tivo que poñer en práctica e vivenciar o aprendido. Para isto, en grupos de 3 ou 4 persoas prepararon un role-playing sobre un tema libremente elixido por eles. Despois o representan por grupos, e o resto observa. Ao rematar cada grupo, os observadores indican que papel representou cada persoa, e lles fan preguntas aos actores.
Ao rematar todos, a persoa que dinamiza a actividade lles fai unhas preguntas: que rol ou tipo de expresión é o máis axeitado para evitar conflitos e/ou para solucionar os existentes. O alumnado soe respostar que o máis axeitado é o asertivo. Trátase de chegar á conclusión de que este é o máis adaptado e o máis desexable, e de que os outros dous son negativos para eles mesmos e para os demáis. A seguinte pregunta é se sempre é negativa unha conduta pasiva. A través dun exemplo concreto, de agresión inmediata por parte do interlocutor, reflexiónase sobre cal é a resposta máis axeitada nese momento. O grupo soe chegar á conclusión que nese momento a máis axeitada é a pasiva, xa que é imposible ser asertivo nese instante en que o outro cegado pola ira non ve, e a resposta agresiva levaría a unha escalada de violencia e a unha posible agresión física. O mellor sería “pasar” nese momento, e noutro posterior xa con máis calma, tentar de resolver o conflito de xeito asertivo e pacífico. Dous exemplos de role-playing en 3º ESO B, coa titora Mª Luisa Vidal Mariño, desenvoltos na aula o día 3 de maio de 2016 son os seguintes:


https://drive.google.com/open?id=0B_jybDbwa3buMnBENWNVakVLdEE
https://drive.google.com/open?id=0B_jybDbwa3buY0lLUE9tRkpFZnc

 
No primeiro vídeo os intérpretes son: Darío, Rosalía e Borja. No segundo: Alba, Hugo, Pablo e Alejandro.

Moitas grazas e parabéns!!! extensibles a toda a clase que, aunque non quedou rexistro gráfico, despois houbo un debate pero ben interesante.


DINÁMICA GRUPAL - HABILIDADES SOCIAIS: "FRASES ASASINAS"

O 11 de xaneiro de 2016 traballamos con esta dinámica grupal co obxecto de que o alumnado coñeza os riscos das mensaxes "ti": son frases asasinas, que culpan e acusan, que acostuman a expresarse en imperativo como un mandato. As persoas síntense avaliadas, culpadas e inxustamente tractadas. Polo tanto obstaculizan a comunicación, crean conflitos e agravan os existentes.

Exemplos de frases asasinas: "Contigo non se pode dialogar", "eres un fantasma", "deste tema non entendes absolutamente nada", "dío ti que o sabes todo", "as veces preocúpaste máis dos demáis ca da túa familia", "estás tolo/a, faino ti se queres", "non quero verte con ese desgraciado de amigo/a que tes", "non me traias a ninguén a casa. Vai ti saber con que compañías andas!".




Pola contra, as mensaxes "eu" tractan de comunicar sen reprochar, con respecto.
Son asertivas xa que relacionan:
      1) Situación ou comportamento que me molesta.
      2) Descrición das consecuencias que isto ten sobre min.
      3) Expresar os sentimentos que ese comportamento me causa.

Por exemplo: 1) Levantas moito a voz 2) Non logro escoitar o que din 3) Síntome molesto.
Serven, polo tanto, para mellorar a comunicación, resolver problemas e que nos sintamos todos mellor.

A continuación propuxémoslles dúas temáticas para facer un role-playing

1) A túa compañeira de mesa invade o teu espazo. 
2) Ti queres estudiar. Tes un exame en dous días. A túa amiga/o insiste en ir ao Centro Comercial.

Clicando nos seguintes enlaces podes ver os role-playing nos que participaron o alumnado que se nomea de 2º B da ESO:

As "frases asasinas" - Mensaxes "Eu" - Sofía, Marta e Amelia 

As "frases asasinas" - Mensaxes "Eu" - Brais e Martiño.

As "frases asasinas" - Mensaxes "Eu" - Manuel e Aitor

Clicando no seguinte enlace podes ver os role-playing nos que participaron o alumnado que se nomea de 2º A da ESO, coordinando a actividade o seu titor, José Luis Villarino Barja:

Frases asasinas - Antía, Tania e Nacho 

Os diálogos foron elaborados por el@s mesm@s. Moitas grazas e moito ánimo para seguir participando e aprendendo xunt@s!!!.



o 23

No hay comentarios:

Publicar un comentario