IES Lamas de Abade

IES Lamas de Abade
IES Lamas de Abade - Santiago de Compostela

Titoría


                                                     Imaxe de Quino: "Mafalda"

 DINÁMICA GRUPAL - ESCOITA ACTIVA: "O CASTIGO"


Deixámosvos tres vídeos que son as tres partes da dinámica grupal  "O Castigo" desenvolvida, pola Orientadora, na titoría de 3º A ESO o 4 de marzo de 2015.

Primera parte: Ten por nome "O conflito".

Segunda parte: "A mediación".

Terceira parte: "A negociación e o acordo".

A actividade desenvolveuse seguindo as pautas establecidas na presentación "Dinámicas de Convivencia, Resolución de Conflitos e Habilidades Sociais", e é de destacar a gran capacidade de improvisación do alumnado participante, así como a súa implicación conxunta ata o final (fixádevos que, na última parte, tocou o timbre e eles seguiron negociando coma se nada).  O alumnado participou de xeito voluntario, elixiron libremente os roles a interpretar, así como os diálogos, que fóron improvisados por eles. De aquí podense extraer moitas conclusións a nivel pedagóxico.
A nivel técnico compre ter en conta que os recursos dos que dispoñemos son moi limitados, así que foi filmado co teléfono móbil da persona que dinamizou a actividade.

Os nomes e roles do alumnado participante:

-Carme interpreta a unha alumna de nome Josefa.
-Samuel no rol de pai da alumna.
-Martín no rol de nai da alumna.
-Lucía interpreta a unha amiga da familia que, inesperadamente, fai de mediadora no conflito.

Parabéns a tod@s!!!!

DINÁMICA GRUPAL - HABILIDADES SOCIAIS: "DEFENDER OS PROPIOS DEREITOS"


Deixámosvos dous vídeos da dinámica grupal  "Defender os propios dereitos", desenvolvida
na titoría de 3º A ESO o 8 de abril de 2015:

-Segundo vídeo: "¿Compañeiras de clase?".

Os nomes e roles da parella participante:

-Cristina que, no primeiro vídeo, interpreta a unha rapaza con poucas habilidades sociais, xa que reacciona ante as agresións da outra rapaza de xeito pasivo. Non sabe defender os seus propios dereitos. 
No segundo vídeo é asertiva: defende os seus dereitos respectando os da compañeira, tenta de resolver o conflito pola negociación, di claramente cal é a súa postura, amosa ter confianza en sí mesma, moitíiiiiisima paciencia...  Ten unhas boas habilidades sociais. Se todo o mundo actuara así non habería conflitos!!!!!!!!! 

-Carme interpreta, no primeiro vídeo, a unha rapaza agresiva, xa que pensando que defende os sus dereitos interrompe, insulta, ameaza, berra... Por tanto as habilidades sociais son deficientes.
No segundo vídeo interpreta un rol extremadamente agresivo, intolerante e irrespetuoso coa compañeira. 

Os temas fóron elixidos por Cristina e por Carme, saíron voluntarias, e os diálogos fóron inventados por elas.  

Moitos parabéns ás dúas!!!!! 


DINÁMICA GRUPAL - PARA TRABALLAR A EMPATÍA: “O AUTORRETRATO”


O 5 de maio en 3º ESO B (abaixo), e o 13 de maio, en 3º ESO A (á esquerda)  traballamos a empatía coa dinámica grupal "o autorretrato". O obxectivo foi que se coñeceran máis profundamente e promover a cohesión grupal. Deste xeito tentamos evitar a violencia entre os compañeiros á vez que favorecemos unha mellor convivencia. Na medida en que coñezo a alguén máis a fondo, respetareino e aceptareino máis que  se non existe ningún vínculo ou se non existiu comunicación.

Agradecementos: Dende o Departamento de Orientación á profesora de Lingua Castelá, Ana Gil, por pasarme nun ficheiro enorme, postais artísticas clasificadas para os distintos cursos da ESO, unha parte pequena das cales se poden ver nestas fotos na mesa do profesor ou nas mans do alumnado; ao personal de Secretaría, en especial a José María, por axudarme e asesorarme na impresión das mesmas; e á Directora, Lola Picón, polo apoio e por prestarme os "cables" necesarios para o uso das novas tecnoloxías xa que, sen elas, todo sería máis complicado e habería cousas que non se poderían facer.


 
             


            



 

 

 

 

 

 

 

 

 



 

vídeos da dinámica grupal  "Defender os propios dereitos", desenvolvidana titoría de 3º A ESO

 

 

DINÁMICA GRUPAL - HABILIDADES SOCIAIS: "ESTILOS DE CONDUTA"

 

Hoxe, 20 de maio, fixemos a dinámica grupal que ten por nome "estilos de conduta" en 3º A. Aplicámola a dúas situacións:

1) Estás esperando ao teu amigo para cear. Chega unha hora tarde e non che avisou da tardanza. Para esas xa estás moi irritad@. Así reaccionou o alumnado de 3º A (clica enriba das palabras en cor e poderás ver os vídeos):

-Cun estilo pasivo (rol interpretado por Sara): Estilo pasivo
-Cun estilo agresivo (rol interpretado por Anxo): Estilo agresivo
-Cun estilo asertivo (rol interpretado por Cati): Estilo asertivo

A persoa que interpreta ao amigo que chega tarde á cea é Lucía.


2) Estás nunha cafetería. Pides un café e a camareira traecho nunha taza sucia, con marcas de pintura dos beizos doutra persoa. Así reaccionou o alumnado de 3º A (clica enriba das palabras en cor e poderás ver os vídeos):

-Cun estilo pasivo (rol interpretado por Sara): Estilo pasivo
-Cun estilo agresivo (rol interpretado por María Veiga): Estilo agresivo
-Cun estilo asertivo (rol interpretado por Samuel): Estilo asertivo

A persoa que interpreta á camareira é Lucía.

Coma sempre, o alumnado participou de xeito voluntario, e tirou de creatividade para a producción dos diálogos.


E a ti, que estilo che gusta máis? A min dende logo o asertivo, xa que para defender o que é xusto non é necesario nin aconsellable ferir ao outro (agresivo), nin a un mesmo (pasivo).  Defender o que é xusto é compatible con construir unhas saudables relacións sociais en tódolos ámbetos: familiar, amigos, escola-instituto, asociacións, lecer.... E iso nos axudará a ser máis felices e a atoparnos máis integrados nos grupos aos que pertencemos.


Moitas grazas e felicitacións a tod@s!!!!!!!!

 "O AUTOCONTROL. DINÁMICA GRUPAL - A IMPULSIVIDADE"


Esta actividade levouse a cabo entre o 27 de maio e o 3 de xuño en 3º A ESO, e a semana do 8 de xuño en 3º B.





Como vimos na páxina 61 do power point Montse Convivencia, Habilidades Sociales, Resolución de Conflictos, para o control da impulsividade podemos valernos de técnicas de relaxación como, por exemplo, a respiración profunda e/ou a meditación. Imos ver, coa axuda dunha imaxe, como a meditación actúa no noso cerebro, así como algunhas posturas e ideas:


Imaxe extraída de: http://ipsicologo.com/2013/02/efectos-de-la-meditacion-en-el-cerebro-infografia.html

Meditar consiste en concentrarnos na nosa respiración ou na observación dun obxecto que temos diante. Polo tanto, non se trata de pensar nos asuntos da nosa vida diaria, senón pola contra en deixar de pensar. Pasos:
1. Atopar un lugar tranquilo e acolledor. Poñer unha luz tenue e música suave poden axudar a crear o ambiente adecuado.
2. Sentarse no chan co lombo recto, pero sen tensións, respirando fondo e mantendo os hombreiros e os brazos relaxados.
3. Cos ollos abertos, elexir un punto enfronte e deixar aí a mirada, mentres pouco a pouco tódalas distraccións se van esvaendo.
4. Observar os pensamentos sen xulgalos nin retelos, só observándoos.
5. A continuación, crear pensamentos e imaxes positivas dun mesmo, visualizalos e mantelos durante uns minutos.
6. Para rematar, pechar os ollos uns intres creando un silencio completo.



"Como concentrarse na idade da distración". 

Organizarse é fundamental, como o é unha alimentación equilibrada, facer exercicio físico, ter unhas saudables relacións cos demais e con nós mesmos, controlar o tempo que lle adicamos ás redes sociais, planificar o tempo de estudio, ler cousas interesantes, meditar...


Imaxe extraída de: https://sonopuntura.wordpress.com/2012/04/06/concentrarse-en-la-era-de-la-distraccion-9-2/


"A AUTOESTIMA"

Extraído de: http://vivirmellor.blogspot.com.es/2014_07_01_archive.htm. Autora Puri Ameixide.

                                          Indicadores dunha baixa autoestima

1. Desexo innecesario de compracer, polo que non te atreves a dicir que NON, temes que se o fas poida cambiar a boa opinión que teñen de ti. 

2. Perfeccionismo: conduce a unha insatisfacción permanente contigo mesmo e a unha autocrítica excesiva. Esíxeste demasiado e deprímeste cando as cousas non saen coa perfección esixida. 

3. Hipersensibilidade: tomas as suxestións dos demais como unha crítica e as críticas como un ataque persoal, sénteste ferido e sofres de resentimento. 

4. Indecisión: non por falta de información, senón por medo esaxerado a equivocarte. 

5. Culpabilidade neurótica: acusándote e lamentándote indefinidamente, esaxeras a importancia dos teus erros e nunca chegas a perdoarte por completo. 

6. Hostilidade latente, sempre a piques de estoupar, sempre disgustado, decepcionado e insatisfeito. 

7. Apatía, desesperanza, pouco gozo de vivir e conceptos pesimistas incluso sobre a vida mesma. 
A autoestima consiste en como me percibo e valoro a min mesma. A autoestima apréndese, e pode cambiar en diferentes etapas da vida, sempre fluctúa, pódese mellorar. É moi importante: unha elevada autoestima, vinculada a un concepto positivo dun mesmo, potenciará a capacidade da persoa para desenvolver as súas habilidades e aumentará o nivel de seguridade personal, mentres que un baixo nivel de autoestima enfocará á persoa á derrota e ó fracaso.

"AVALIACIÓN DO PROGRAMA POLO ALUMNADO"


-Cuestionario de avaliación do Programa na Titoría polo alumnado (clica enriba das palabras en cor e abriráseche o cuestionario).

-Transcrición das respostas do alumnado de 3º ESO A ao cuestionario de avaliación final Actividade realizada o 10 de xuño.

-Transcrición das respostas do alumnado de 3º ESO B ao cuestionario de avaliación final. Actividade realizada o 15 de xuño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario